​Traballadores precarios do sector público únense para reclamar "outro rumbo"

Sindicatos e colectivos de distintos sectores da administración galega marcharán este xoves polas rúas de Santiago contra a precariedade.


|

Precariosxunta


Os traballadores de distintos ámbitos da administración pública galega marcharán este xoves 16 polas dúas de Compostela para protestar contra a precariedade laboral. Un acto co que reivindican a "unidade de colectivos distintos en base a problemas comúns e apartándonos de siglas", tal e como declarou na súa presentación Eli Dosil, representante de SAGAP, o sindicato de sanitarios galegos públicos. Así mesmo, argumentou que "importancia" desta convocatoria se fundamenta en que "só xuntos podemos conseguir outro rumbo".


Con esta 'Marcha do persoal precario da administración pública", denuncian que "hai máis precariedade da que se vende" e que "a administración debería ser a que garantise os dereitos laborais e dese exemplo". Porén, segundo Dosil, a Xunta "pódese considerar un dos empregadores máis precarizadores".


E é que din ser conscientes de que a temporalidade e os recortes de dereitos laborais "non é só un problema de traballadores contratados por tres meses ou por horas, é un problema de todos". Por iso subliñan a unidade, "acostumados a que cada un fixera as reivindicacións por cada sector, cando non somos pezas separadas".


Así, Dosil afirmou que "as bases e os criterios son os mesmos", e provocan que a precariedade sexa "un cancro que está invadindo a nosa sociede e canto máis avanza, ese cancro vai provocando metástase". E puxo como exemplo a mocidade, que "non está educada para o mundo laboral que atopa" ao rematar os seus estudos, e as persoas maiores, que se fan cargo de criar os netos e axudan economicamente os traballadores.


Este acto conxunto considérano o "primeiro paso para que se nos vexa e teña en conta". Lembraron que "o goberno está requirido pola Comisión Europea para poñer fin á temporalidade" e reclamaron que "non se pode negociar sen ter en conta os que vivimos esa temporalidade".


De cara ao futuro, afirman ter "data para volvernos reunir e seguir sumando". E recoñeceron que "hai colectivos que nos apoian pero non lles deu tempo a prepararse para isto" porque o convocaron "de hoxe para mañá". "O importante é arrancar", valoran.


E para este primeiro paso convidan tamén a que partidos políticos e institucións se sumen a eles o xoves. "Pódennos sorprender", ironizan.

relacionada A metade dos médicos non teñen praza e un terzo traballa con contrato "precario"
relacionada Centos de persoas saen á rúa contra a precariedade laboral
relacionada O PP rexeita ampliar os contratos de tres a nove meses aos traballadores antiincendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE