Incremento alarmante da violencia de fillos a pais en Galicia
É a quinta máis alta de España, con 298 delitos deste tipo cometidos en 2015, un 86,25% máis respecto de 2014.
Galicia rexistrou 298 delitos de violencia filio-parental en 2015, o que supón o 6,08% do total de casos de España e un incremento alarmante do 86,25% respecto de 2014.
Así se desprende dos datos da última memoria da Fiscalía Xeral do Estado, achegados este mércores pola Fundación Amigo na comunidade galega.
Respecto diso, a asociación destaca que é a quinta autonomía na que máis casos se rexistran, tras Comunidade Valenciana, Andalucía, Comunidad de Madrid e Cataluña.
Por iso, a fundación avanza que iniciará "proximamente" un servizo de resolución dos conflitos entre os adolescentes e as súas familias en Galicia.
"É un problema complexo e multifactorial que require de respostas especializadas, non só para atender á propia idiosincrasia da problemática, senón tamén aos actores implicados, que posúen un perfil moi concreto", explica.
Escribe o teu comentario