En Marea loitará pola "recuperación gratuíta" do Pazo de Meirás
A confluencia subliña que a propiedade foi adquirida "de modo ilícito froito do espolio, a violencia e as ameazas da ditadura de Franco".
En Marea loitará pola "recuperación gratuíta para a cidadanía" do Pazo de Meirás, situado en Sada (A Coruña), unha propiedade que, subliñaron desde este grupo, foi adquirida "de modo ilícito froito do espolio, a violencia e as ameazas da ditadura de Franco".
En concreto, esta iniciativa foi presentada polo viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, e polo alcalde de Sada, Benito Portela, quen presentou este sábado, ás portas do Pazo de Meirás, esta iniciativa lexislativa rexistrada polo grupo o pasado mércores 1 de marzo no Parlamento de Galicia.
Nun comunicado, En Marea explicou que nesta iniciativa se solicita, por primeira vez, a "devolución gratuíta" e a "compensación ás vítimas" do que, remarcaron, se trata dun espolio.
A recuperación do Pazo podería ser, a xuízo de En Marea, "o símbolo da rexeneración democrática, da reparación da dignidade das vítimas e o precedente para a recuperación de todo o expoliado durante a ditadura e permitido no paso a unha democracia incompleta".
Escribe o teu comentario