A Coruña levará a pleno a posta en marcha dun Consello Local de Saúde

A iniciativa, xa impulsada en cidades como Santiago, pretende aglutinar distintas propostas para a súa posta en marcha o próximo ano. 


|

Sossanidadepublicaacorua


A Corporación municipal da Coruña levará ao pleno deste luns unha moción conxunta de todos os grupos --Marea Atlántica, PP, PSOE e BNG-- para crear na cidade o Consello Local de Saúde, segundo informaron responsables da plataforma SOS Sanidade Pública.


A moción presentarase no pleno despois da proposta trasladada a todos os grupos por parte desta plataforma, segundo explicou un dos seus portavoces, Ramón Beiras.


Desta iniciativa, indicou que pretende ser "un órgano de participación" coa inclusión de institucións, como o Concello e a Xunta, partidos políticos, sindicatos e representantes do tecido asociativo e do ámbito sanitario.


Sobre o obxectivo dunha iniciativa impulsada xa en cidades como Santiago, dixo que é que calquera colectivo que teña ideas no ámbito da saúde as traslade para a súa posterior posta en marcha en caso de considerarse oportuna.


GRUPOS DE TRABALLO


O obxectivo é que en abril se poida materializar a súa constitución para posteriormente crear tres grupos de traballo. Un deles realizará un diagnóstico da saúde, "coñecer de que morren e enferman as persoas na Coruña", segundo expuxo Ramón Beiras.


Outro abordará os recursos existentes e un terceiro analizará as actividades e programas xa en marcha. Posteriormente, faríanse as propostas que se poderían implementar a partir do próximo ano.

relacionada SOS Sanidade Pública, ante os colapsos: "Non é a gripe, son os recortes"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE