Iberia retomará en abril dous voos entre A Coruña e Madrid

|

Iberiaavion


O Consorcio de Turismo da Coruña, a Cámara de Comercio e Iberia chegaron a un acordo polo que a compañía retomará, a partir de abril, dous voos que enlazaban con Madrid. Ademais, promocionará a cidade como destino turístico.


Así o informaron tanto o organismo cameral como o goberno municipal en senllos comunicados. En concreto, no marco das negociacións levadas a cabo no último mes, Iberia levará unha campaña de promoción da cidade, financiada entre o Concello e a Cámara de Comercio.


Ademais, retomará, a partir do mes de abril, o voo que operaba os luns entre A Coruña e Madrid a as 21,00 horas, e o de Madrid-A Coruña, ás 22,00 horas "o que facilitará a actividade empresarial nacional e internacional", segundo indica a Cámara de Comercio.


POSIBLES RUTAS


Pola súa banda, o concelleiro de Emprego e Economía Social e presidente do Consorcio de Turiso, Alberto Lema, sinalou que o regreso destas conexións facilitará "tanto a actividade empresarial como as ligazóns para os turistas".


Mentres, explica que, no marco das negociacións, deixouse "a porta aberta a continuar explorando as posibilidades da posta en marcha dalgunha nova ruta, neste caso de carácter internacional".

relacionada Máis de dous millóns de pasaxeiros viaxarán no avión de homenaxe a Rosalía de Castro
relacionada Os aeroportos de Santiago e A Coruña crecen en pasaxeiros e Vigo cae un 1%

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress