Pepe Mel pasa o seu primeiro test este xoves ante o Atlético

|

Pepemeldepor


Sen case aclimatación, só tres adestramentos, Pepe Mel dirixe o seu primeiro partido desde o banco do Dépor ante o Atlético de Madrid. Este mércores dispuxo un partido once para once, primeiro a todo e logo só a metade de campo.


O novo adestrador ten á súa disposición todos os futbolistas, ademais de Óscar e Nacho Monsalve, do Fabril. Guilherme acabou con molestias nos isquiotibiais da súa perna esquerda e está pendente de probas médicas nas próximas horas.


Este xoves o equipo adestra en Abegondo pola mañá, tralo que Pepe Mel dará a lista de xogadores convocados que se concentrarán para comer no Hotel Meliá María Pita.


O Atlético de Madrid, rival do Dépor, ten previsto aterrar esta noite ás nove no Aeroporto da Coruña.

relacionada Pepe Mel será o novo adestrador do Deportivo
relacionada O Dépor destitúe a Garitano e busca un substituto inmediato
relacionada Garitano despídese do Dépor: "Sacariamos adiante a situación"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress