EU denuncia a "desidia" da Xunta ante o "incremento" da sinistralidade laboral

Yolanda Díaz advirte que "a precariedade mata" e remarca que os recortes revelan a "posición clara" do PP ante a sinistralidade laboral. 


|

Yolandadiazevasolla


Esquerda Unida denunciou este martes a "desidia" da Xunta ante o "incremento" da sinistralidade laboral, dado que, segundo o último informe do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga), Galicia "encabeza as cifras do Estado".


Un día despois do falecemento dunha traballadora na planta de tratamento de residuos de Sogama, a coordinadora de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, fixo fincapé a través dun comunicado de prensa en que "a precariedade mata".


A tamén deputada de En Marea no Congreso remarcou que os recortes revelan a "posición clara" do PP ante a sinistralidade laboral: "bonificar ao empresario e restar recursos ás actuacións de prevención de riscos laborais, todo iso nun marco de supresión de dereitos laborais".


"Parece que non queren entender que a precariedade mata e que a vida non se pode perder nun posto de traballo", salientou Díaz, ao que Eva Solla, tamén na dirección de EU e parlamentaria de En Marea na Cámara galega, defendeu que "é hora de que o Goberno do PP tome en serio a seguridade da clase traballadora".

relacionada Morre un home de 39 anos en Xermade tras caerlle encima unha árbore
relacionada Falece unha operaria de Sogama en Cerceda ao atrapala unha máquina

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE