Morre un home de 39 anos en Xermade tras caerlle encima unha árbore

A vítima deste accidente laboral atopábase traballando nunha zona de monte de Lousada de Arriba cando se lle veu encima a árbore. 


|

Un home de 39 anos de idade perdeu a vida este xoves no municipio lucense de Xermade tras caerlle encima un das árbores que estaba a cortar.


Segundo os datos do 112, a vítima deste accidente laboral atopábase traballando nunha zona de monte de Lousada de Arriba cando a árbore se lle veu encima.


Un compañeiro da vítima explicou ao 112 que tentara trasladalo na furgoneta ao hospital da Coruña, aínda que faleceu durante o camiño. En concreto, segundo o seu relato, deuse conta de que morrera á altura de Bergondo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE