Bruxelas examina se a reforma da estiba cumpre coa normativa europea
O Consello de Ministros aprobou o pasado venres o Real Decreto Lei co obxectivo de liberalizar o sector e que cumpra a norma europea.
A Comisión Europea está a estudar se o Real Decreto Lei da reforma da estiba portuaria, o colectivo de 6.150 traballadores que se dedican a cargar e descargar a mercadoría dos barcos nos portos, aínda que resaltou este mércores que necesita máis tempo para poder adoptar unha opinión sobre a súa adecuación á sentenza do Tribunal de Xustiza da UE (TUE).
"Estamos a estudala (a reforma). Tomaranos algún tempo antes de que podamos facer unha análise da proposta que o Goberno español fixo e entón poderemos tomar unha decisión", expresou nunha comparecencia de prensa a portavoz de Transportes do Executivo comunitario, Anna-Kaisa Itkonen.
O Consello de Ministros aprobou o pasado venres o Real Decreto Lei de reforma da estiba portuaria co obxectivo de liberalizar o sector e que cumpra coa normativa europea. Agora, o Goberno dispón dun mes para buscar os apoios dos grupos políticos para que sexa validada no Congreso.
Por este motivo, fontes comunitarias sinalaron que Bruxelas está a analizar a reforma proposta polo Executivo español e indicaron que, dado que se trata dun proceso aínda en marcha, non adoptarán unha decisión formal ata que non finalice o proceso parlamentario nacional.
Escribe o teu comentario