Ferida grave unha anciá ao ser atropelada nun paso peonil en Vigo
O mesmo día un turismo conducido por un mozo de 25 anos, atropelou nun paso peonil entre as rúas Cristo e Urzáiz, a unha señora de 72 anos que resultou ferida leve.
Unha muller de 90 anos, que responde as iniciais A.G.G., resultou ferida de carácter grave ao ser atropelada por un turismo, conducido por un home de 59 anos, cando cruzaba por paso peonil en Vigo.
Tal e como informou a Policía Local de Vigo, este atropelo tivo lugar sobre as 19,45 horas deste venres na rúa Lepanto, á altura do número dous.
SEGUNDO ATROPELO EN VIGO
Ese mesmo día, ás 10,00 horas, un turismo conducido por un mozo de 25 anos, atropelou nun paso peonil entre as rúas Cristo e Urzáiz, a unha señora de 72 anos e iniciais de I.C.A., que, como consecuencia, resultou ferida leve.
Finalmente, ás 22,00 horas deste domingo, un ciclomotor conducido por un home de 44 anos atropelou na rúa Ramón Neto, fóra de paso peonil, a un transeúnte de 46 anos de idade, quen sufriu lesións de carácter leve.
Doutra banda, nun control de alcoholemia e sustancias estupefacientes levado a cabo na madrugada deste luns na confluencia entre as rúas Jacinto Benavente e Beiramar, fixéronse un total de nove probas de alcoholemia negativas e foi localizado un condutor coa ITV caducada.
Escribe o teu comentario