"A falta de acceso a medicamentos xa non é un problema exclusivo de países en desenvolvemento"

Varias plataformas sanitarias e o concello da Coruña proxectarán este mércores o documental 'Investigación médica: Houston, tenemos un problema'.


|

Medicamentos 2


Salud por Derecho, a Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C e a Coordinadora AntiPrivatización da Sanidade Pública, en colaboración co Concello da Coruña, proxectarán este mércores na cidade herculina 'Investigación Médica: Houston, tenemos un problema'.


A proxección, aberta ao público xeral, terá lugar no Centro Cívico Cidade Vella de 20,00 a 21,30 horas. A asistencia é libre e gratuíta, e pódense reservar as entradas a través de Internet, segundo informan os organizadores.


No documental, expertos e líderes de opinión de todo o mundo, segundo destacan, "achegan datos tan contundes como arrepiantes sobre o obsoleto modelo de investigación, que afecta directamente á nosa saúde e que deixa a un terzo da poboación mundial sen acceso aos medicamentos que necesitan".


"Esa falta de acceso a medicamentos esenciais deixou de ser un problema exclusivo de países en vías de desenvolvemento, aínda que estes seguen cargando coa maior parte do problema", segundo engaden os convocantes. "Os casos da Hepatite C ou dos fármacos máis innovadores para o cancro demóstrannos como o sistema de innovación e desenvolvemento de medicamentos está a fallar a nivel global", segundo apostilan.


Deste xeito, os colectivos promotores da iniciativa destacan que o reto actual "é construír un sistema de I+D e comercialización de fármacos eficiente, sustentable e que garanta o acceso aos medicamentos que a poboación necesite a un prezo alcanzable". "O documental analiza este reto e, ademais, ofrece alternativas e solucións", segundo sosteñen.


Tralo pase, haberá un debate-coloquio no que se responderán ás preguntas do público coa participación de Vanessa López, directora de Salud por Derecho; Xulia Mirón, representante da Coordinadora; e Quique Costas, da Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C (PLAFHC). O evento estará moderado polo xornalista Ricardo Sandoval.

relacionada A Eurocámara pide un plan para erradicar a Hepatite C na UE
relacionada Retiran un medicamento do Cunqueiro e do CHUO por ter partículas de vidro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE