Retiran un medicamento do Cunqueiro e do CHUO por ter partículas de vidro

Dous pacientes levaron envases destes lotes afectados a casa e un deles chegou a usalo, aínda que sen consecuencias para a súa saúde.


|

Cunqueiro 3


A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps) publicou unha alerta farmacéutica na que ordena a retirada de lotes dun medicamento antihemofílico en seis hospitais españois, entre eles o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo (HAC) e o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) ao detectarse "partículas de vidro".


En concreto, trátase do NovoEight 500ui (po e disolvente para solución inxectable) e NovoEight 2000ui (po e disolvente para solución inxectable). Na descrición do defecto a Axencia Española de Medicamentos avisa: "Potencial presenza de partículas de vidro nas xiringas de disolvente dos lotes afectados".


Respecto diso, a Consellería de Sanidade informa de que nos dous hospitais galegos dous pacientes levaron envases destes lotes afectados para facer uso deles nos seus domicilios.


Así, unha vez recibida a alerta, os centros hospitalarios puxéronse en contacto cos usuarios para informarlles de que procedesen a substituír a medicación. Un dos pacientes xa fixera uso do medicamento afectado antes da alerta sanitaria.


Con todo, o Goberno galego asegura que a situación clínica deste paciente "atópase dentro da normalidade". Neste sentido, sostén que o medicamento vén provisto de sistemas de administración que inclúen un filtro para evitar que partículas que poida haber en suspensión no fármaco pasen ao torrente circulatorio. Ademais, contactouse con asociacións de pacientes hemofílicos par ofrecerlles información.

relacionada O Sergas terá que indemnizar con 100.000 euros a un vigués ao que amputaron unha perna
relacionada Os celadores do Cunqueiro fan "o dobre de quilómetros" por non ter servizo de raios en Urxencias

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE