Facer a compra e pagar as facturas é un 3% máis caro que hai un ano

A moderación do prezo da luz con respecto a xaneiro mantén a inflación, que continúa na taxa máis alta desde 2012.


|

Dineroeuros


O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou un 0,3% en febreiro respecto ao mes anterior e mantivo a súa taxa interanual no 3%, igualando o rexistro de xaneiro, cando os prezos da luz e das gasolinas levaron a inflación a niveis de fai catro anos e medio.


Segundo o indicador adiantado publicado este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE), no comportamento da taxa interanual do IPC de febreiro destacou a baixada dos prezos da electricidade.


O prezo da electricidade en España abaratouse máis dun 19% durante a primeira quincena do mes de febreiro con respecto ao mesmo período de xaneiro, o que representa no recibo eléctrico dos fogares acollidos ao Prezo Voluntario ao Pequeno Consumidor (PVPC) unha rebaixa de case o 7%, segundo datos do operador do mercado OMIE recollidos por Europa Press.


O IPC interanual arrincou o ano na súa taxa máis alta desde outubro de 2012. En febreiro repetiuse a mesma porcentaxe, o que significa que a cesta da compra se encareceu un 3% no último ano. A de febreiro é a sexta taxa positiva que encadea o IPC interanual tras oito meses en negativo.


No segundo mes do ano, o Índice de Prezos de Consumo Harmonizado (IPCA) elevou unha décima a súa taxa interanual, ata o 3%, á vez que a variación mensual se situou no -0,3%.


En termos mensuais, o IPC retrocedeu un 0,3% en febreiro respecto ao mes anterior, fronte ao recorte do 0,4% experimentado en igual mes de 2016.


O INE publicará os datos definitivos do IPC de febreiro o próximo 14 de marzo. O organismo cambiou o IPC a base 2016 desde principios deste ano. Con esta nova base, Estatística mellora a representatividade deste indicador introducindo cambios na composición da cesta da compra e a actualización da estrutura de ponderacións.

relacionada O recibo da luz abarátase máis dun 9% no que vai de mes
relacionada Os prezos subiron un 3,2% no último ano en Galicia
relacionada Nadal aconsella "afacerse" ás subidas do prezo da luz

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE