O fútbol galego súmase á campaña pola biopsia líquida
O luns os equipos máis grandes presentarán conxuntamente as accións que van levar a cabo para apoiar a investigación.
Os principais equipos galegos de fútbol de Galicia sumaranse este luns á campaña de recollida de fondos para avanzar no estudo da biopsia líquida impulsada por Oncomet.
Na tarde do luns, representantes do Celta de Vigo, Deportivo da Coruña, SD Compostela, Ourense Club de Fútbol, CD Lugo, Rácing de Ferrol e Pontevedra presentarán as accións que levarán a cabo para o apoio da campaña.
No acto, que terá lugar ás 17,00 horas no Hospital Clínico de Santiago, estarán acompañados polos responsables do grupo de Oncoloxía Médica Transnacional do Insituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.
Escribe o teu comentario