A biopsia líquida busca máis mecenas entre a sociedade galega

A campaña ten por obxectivo alcanzar o medio millón de euros para investigar esta "revolucionaria técnica na loita contra o cancro".


|

Laboratorioexperimentofarmacosoncomet


O Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet) realizou un chamamento á sociedade galega a implicarse na campaña de mecenado para avanzar na biopsia líquida, unha "revolucionaria técnica na loita contra o cancro".


Uno dos impulsores da campaña, o xefe de Oncoloxía do CHUS, Rafael López, convidou a sumarse a toda a cidadanía galega á campaña, que ten por obxectivo alcanzar o medio millón de euros de recadación ata finais do próximo mes de abril.


Con todo, a campaña recadou ata o momento "70.000 euros" polo que o responsable de Oncoloxía do CHUS chamou a que "o mecenado chegue a moitas partes da sociedade" galega.


"A biopsia líquida é unha forma de seguir ao paciente dunha forma precisa e poder poñer o mellor tratamento. Vai axudar a curar a enfermidade, a entender a enfermidade dunha maneira mellor do que o facemos hoxe", remarcou López.


UNHA "SIMPLE" ANÁLISE


A biopsia líquida é "un dos campos máis prometedores no mundo da oncoloxía" no que Oncomet estivo traballando nos últimos tempos e consiste nunha "simple análise de sangue" que consegue extraer "a información de todo o material tumoral ofrecendo resultados case a tempo real".


Entre as principais vantaxes deste sistema están o "carácter non invasivo" que "evita" ao paciente someterse a "cirurxía ou a intervención cirúrxica para a análise", ademais de ofrecer resultados con maior rapidez, cunha dispoñibilidade nun período de "dous a tres días".


"FERRAMENTA FUNDAMENTAL" NO FUTURO


"A maioría dos oncólogos pensamos que vai ser unha ferramenta fundamental nos próximos anos", manifestou López, quen engadiu que se trata de "unha ferramenta" que permite profundar na "medicina personalizada" no tratamento de casos de cancro.


Pola súa banda, o rexedor santiagués, logo de remarcar que o Concello se atopa a disposición de iniciativas deste tipo, manifestou que esta é "unha campaña necesaria" para avanzar no tratamento dunha "enfermidade cunha alta incidencia a pesar dos avances".

relacionada A campaña para o estudo da biopsia líquida logra 40.000 euros nunha semana
relacionada O cancro dispárase en España e supera en 2015 os casos estimados para 2020

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE