O corredor do Morrazo reabre ao tráfico este venres
Un tramo estivo mes e medio pechado para "garantir a seguridade" dos traballadores das obras e dos usuarios da vía.
A Xunta reabre ao tráfico este venres o tramo do corredor do Morrazo que se pechou para "garantir a seguridade" de traballadores e usuarios durante a realización das obras de desdobramento.
Diso, segundo o Goberno galego, xa foron informados os alcaldes dos municipios pontevedreses de Moaña, Cangas e Bueu.
En concreto, o corredor mantívose pechado entre o 2 de novembro e o 21 de decembro, data na que reabriu pola operación especial de Nadal. Con todo, volveu pechar a partir do 9 de xaneiro.
Escribe o teu comentario