O Consello da Cultura Galega acolle unha xornada sobre o Castro de Baroña

'Alén dun castro: arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña' desenvolverase este xoves no Consello.


|

Castrodebaroa


O Consello da Cultura Galega acollerá este xoves a xornada 'Alén dun castro: arqueoloxía, restauración e divulgación no xacemento de Baroña'


Segundo explicou a entidade organizadora, o Castro de Baroña é un dos xacementos máis visitados de Galicia, no que se xuntan "interesantes aspectos patrimoniais, a súa temperá posta en valor e a súa localización, o que lle confire un importante valor paisaxístico".


"Este valor monumental da contorna acabou desvirtuando a importancia do propio xacemento arqueolóxico, que segue demandando traballos para aprender máis sobre el, xa que o que sabemos é pouco", dixo Luís F. López González, do equipo arqueolóxico de Terra Arqueos, responsable das últimas intervencións no castro e participante no encontro.


Este é o décimo dos encontros monográficos sobre patrimonio cultural organizados pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega e nel participarán os arqueólogos Luís F. López González, Anxo Concheiro Coello e Yolanda Álvarez González, responsables das últimas intervencións no xacemento arqueolóxico de Baroña.


A sesión de traballo do xoves comezará da man de Luís F. López González, co análise dos procesos de restauración realizados no castro e os novos achados documentados nas estruturas de delimitación do xacemento. Pola súa banda, Anxo Concheiro Coello detallará intervencións que se desenvolveron ao longo do tempo en Baroña, o contexto arqueolóxico do xacemento e novos traballos de posta en valor de patrimonio.


Finalmente, Yolanda Álvarez González explicará como as novas intervencións abriron un bo número de preguntas acerca da morfoloxía e a ocupación do xacemento e fará fincapé na necesidade de colaboración dun equipo profesional interdisciplinar, xa que os antigos traballos en solitario non poden responder a todas as necesidades do Castro de Baroña.

relacionada Barallan levar á xustiza "a afección" ao castro de Montealegre

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE