Os estibadores de Vigo critican "acoso e derriba" contra os seus empregos

Non entenden "que se a empresa non ten perdas, se lle propoña un ERE, máis aínda pagado con diñeiro público, e que despois volva contratar desde unha ETT".


|

Cargapuertoestibadores 1


O responsable da Coordinadora Estatal de Traballadores do Mar no Porto de Vigo, Sergio Rodríguez, asegurou que a intención dos estibadores non é paralizar o porto vigués, pero confirmou que irán á folga para defender os seus empregos se o Goberno persiste en aprobar un decreto que consideran como un "ERE encuberto".


Tal e como trasladou nunha entrevista en Radio Galega, recollida por Europa Press, os estibadores entenden que o Ministerio de Fomento "quere desfacerse de empregos indefinidos e estables, con indemnizacións públicas, e despois --contratalos-- desde unha ETT", ante o que aseverou que defenderán os seus empregos ata "onde permita a legalidade".


En concreto, sostivo que a través da proposta de decreto, Fomento "o que quere é desfacerse de traballadores con condicións pactadas en convenios colectivos, para poder regular de novo, desde cero, unhas condicións marcadas única e exclusivamente polas empresas". "O decreto aínda vai máis aló, premiando o traballo temporal", engadiu.


Neste marco, incidiu en que os empregados non entenden "que se a empresa non ten perdas, se lle propoña un ERE, máis aínda pagado con diñeiro público, e que despois volva contratar desde unha ETT". "Nos últimos tempos está a facerse un ataque, acoso e derriba, contra o noso sector e o noso colectivo de traballadores", denunciou.


Así as cousas, lembrou que os estibadores traballan para "empresas privadas", que "teñen uns beneficios", e foi o Ministerio o que, "de súpeto, sacou un decreto de debaixo da mesa" que "vai máis aló do que di a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea" e deixa os traballadores "nunha situación complexa".


"A sentenza obriga á liberalización do sector, non á desregularización que propón o Ministerio con ese decreto", mantivo Rodríguez, que tras negar que haxa folga encuberta nos portos --como afirma a patronal-- subliñou que o que queren os estibadores é que se subroguen os seus contratos e ter estabilidade laboral. "Esperamos que se chegue a un acordo", selou.

relacionada O sector da estiba retomará as negociacións o vindeiro martes
relacionada Fomento chama a dialogar "canto antes" a sindicatos e patronal da estiba
relacionada Os estibadores non farán folga a próxima semana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE