Detido un home en Vigo por agredir á súa parella de 25 anos

Presuntamente agarrouna polo pescozo e golpeouna | Un veciño contactou á policía tras percibir unha discusión "máis violenta" do habitual


|

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron por un delito de violencia de xénero un home de 31 anos, nacido en Gondomar e domiciliado na cidade olívica, quen supostamente agarrou do pescozo e golpeou repetidamente á súa parella no transcurso dunha discusión.


Segundo informou a Policía Local, sobre as 14,15 horas deste domingo, a Central de Información e Mando comisionou unha patrulla para que acudise a unha vivenda da rúa Fotógrafo Xosé Gil, onde un veciño alertara dun posible episodio de violencia de xénero.


No lugar, os axentes escoitaron berrar a unha muller, polo que chamaron á porta do domicilio. Alí, abriulles un home, que recoñeceu que discutira coa súa parella, aínda que negou que pasase nada máis.


Con todo, a muller, de 25 anos, comunicou que no transcurso dunha discusión, o home agarrouna fortemente do pescozo e empuxouna cara á parede, facéndoa caer ao chan. Entón, ela tratou de defenderse e o golpeouna "varias veces", momento no que chegaron os policías.


O veciño que deu o aviso, manifestou que as discusións entre a parella eran habituais e ese día se volvera "máis violenta", polo que chamou á Policía. Ante estes feitos, e como a muller presentaba negróns e rabuñazos no pescozo, procedeuse á detención do home, de iniciais J.S.O. 


relacionada Detido un coruñés por tentar agredir a súa ex parella nun bar
relacionada Tres galegas acampan en Sol e inician unha folga de fame contra a violencia machista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE