Fundación Franco replica a Gómez-Reino: "Se hai que volver pasar, pasaremos!"
O portavoz de En Marea no Congreso foi o encargado de defender unha proposición non de lei na que instan o goberno a investigar o ente.
A Fundación Francisco Franco replicou vía Twitter ao portavoz de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, quen este xoves, durante un debate na Cámara Baixa, lembrou o berro antifascista de 'Non pasarán': "Se hai que volver pasar Pasaremos!".
Gómez-Reino defendeu na Comisión de Interior unha proposición non de lei na que se instaba ao Goberno para investigar a esta entidade que, desde o seu punto de vista, viola a Lei de Fundacións ao non perseguir o interese xeral nin o respecto aos Dereitos Humanos.
O texto saíu adiante co apoio de toda a oposición. Só discreparon Ciudadanos, que se abstivo, e o PP, que votou en contra a pesar de que o Goberno, a través do Protectorado de Fundacións, xa pediu información á Francisco Franco sobre as súas actividades, o paso previo a decidir se abre unha investigación máis exhaustiva.
CARTA A 355 ALCALDES
En concreto, solicitou documentación respecto de unha carta que esta entidade remitiu a 355 alcaldes ofrecéndolles asesoramento xurídico para que non teñan que aplicar Lei de Memoria Histórica, que obriga a retirar os símbolos franquistas das rúas e edificios públicos, no convencemento de que triunfará "o dereito sobre a barbarie, a historia sobre o seu borrado e a civilización sobre o odio iconoclasta".
"O FASCISMO NON PASARÁ"
Precisamente esa misiva foi a que motivou a proposición non de lei de En Marea, en cuxa defensa Gómez-Reino criticou duramente á Fundación Franco e subliñou que "o fascismo, contra a democracia, non pasará".
"Que di @tone_corunha (o nome de Twitter de Gómez-Reino) que "Non Pasará" e tal... A nosa misión é lembrar a tipos como el que se hai que volver pasar PASAREMOS!", contestoulle a Fundación nunha mensaxe recollida por Europa Press, e que ilustran cun emoticono con lentes de sol, un dun puño e outro dunha man saudando.
Escribe o teu comentario