Phil Rudd, ex batería de AC/DC, presentará o seu disco en solitario en Santiago

|

Philruddacdc


O que fora batería de AC/DC desde 1975 ata 1983 e desde 1994 ata 2015, Phil Rudd, visitará España en xuño para presentar o seu primeiro disco en solitario, 'Head Job', editado fai xa tres anos.


As citas con Rudd, apartado de AC/DC en 2015 polos seus problemas xudiciais derivados de excesos e adiccións, serán o 2 de xuño en Santiago de Compostela (Sala Capitol), o 9 de xuño en Barcelona (Razzmatazz 2) e o 11 de xuño en Madrid (Arena).


As entradas para as dúas primeiras citas coa Phil Rudd Band están xa á venda: en Ticketea as de Santiago e en Notikumi e Ticketmaster as de Barcelona. Custan desde 25 euros. Para Madrid aínda non están dispoñibles.


Toda a información sobre a extensa xira europea na que se encadran estes concertos en España están na páxina web do músico australiano de 62 anos, philruddmusic.com.

relacionada Sabina presenta 'Lo niego todo' na Coruña o 22 de xullo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress