Case 100.000 galegos queren traballar máis horas pero non atopan onde

Adecco asegura que, do outro lado, nove de cada 10 traballadores na comunidade están conformes coa duración da súa xornada


|

Carpinteroebanistatrabajadormadera


Un de cada 10 traballadores galegos (un 9,4% dos ocupados da comunidade) quere empregarse máis horas das que ten na súa xornada pero non atopa onde facelo. En números absolutos, trátase de case 100.000 persoas.


Así o recolle un informe de Adecco, que establece que, en concreto, son 94.700 persoas en Galicia as que traballan menos horas das que computan unha xornada laboral completa e, a pesar de desexar traballar máis horas, non atopan onde.


É a terceira autonomía, con todo, onde menor porcentaxe de ocupados hai nesta situación, e é que o 90,6% dos traballadores galegos (isto é, nove de cada 10) está conforme coa duración normal da súa xornada de traballo, segundo a empresa de recursos humanos.


DATOS ESTATAIS


Case dous millóns de traballadores en España, o 10,7% do total dos ocupados, desexarían traballar máis horas pero non atopan onde facelo, o seu nivel máis baixo do últimos sete anos, segundo o informe de Adecco, a partir de datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA).


Trátase de ocupados que traballan menos horas das que supón a xornada a tempo completo, pero que queren traballar máis tempo, con dispoñibilidade para facelo, aínda que sen atopar onde.


En todas as comunidades autónomas obsérvase un descenso dos ocupados que desexan traballar máis horas sen atopar onde facelo. De feito, este indicador leva baixando catro trimestres consecutivos en todas as rexións, o que non sucedía desde ao ano 2006.


BALEARES E CATALUÑA, PORCENTAXES MÁIS BAIXAS


Baleares e Cataluña son as comunidades onde unha menor proporción de ocupados quere traballar máis horas sen atopar onde, con só un 5,5% respecto ao total dos seus traballadores. Por baixo do 10% sitúanse tamén Galicia (9,4%) e Asturias (9,8%).


A Comunidade Valenciana e Murcia son as únicas rexións onde esta situación afecta a máis do 15% dos traballadores a pesar de ser as que presentan os descensos máis significativos respecto das porcentaxes existentes en 2015.


En concreto, a proporción de traballadores que queren traballar máis horas pero non atopan onde facelo alcanza o 15,8% na Comunidade Valenciana, fronte ao 17,6% de 2015, en tanto que en Murcia a porcentaxe é do 15,1%, en contraste co 17,2% do ano anterior.

relacionada Máis tarifa plana e 32 semanas de permiso de maternidade para os autónomos galegos
relacionada Os traballadores anti incendios fixos descontinuos reincorpóranse a partir do 1 de marzo
relacionada O PP rexeita ampliar os contratos de tres a nove meses aos traballadores antiincendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE