Deteñen un ciclista que circulaba ebrio e falando polo móbil no túnel do Hórreo
O mozo realizou varios cambios de carril e non atendeu ás sinais que lle realizaron algúns condutores para que se detivese.
Efectivos policiais denunciaron un mozo que foi interceptado cando circulaba en bicicleta, ebrio e falando polo móbil no túnel do Hórreo, en Santiago.
Fontes da Policía local de Santiago confirmaron a Europa Press que o mozo foi denunciado e a bicicleta inmobilizada ao redor das 20,00 horas deste venres.
Mentres circulaba polo subterráneo, o mozo realizou varios cambios de carril e non atendeu ás sinais que lle realizaron algúns condutores para que se detivese, dado o risco que a súa conduta supoñía para o tráfico.
Escribe o teu comentario