'Somos ferministas', homenaxe nacional a Fermín Bouza Álvarez

O escritor e sociólogo recibe este domingo en Santiago o recoñecemento ao seu "compromiso", ao seu "peso intelectual" e á súa "parte máis humana".


|

Ferministasferminbouzaalvarez


Intelectuais, políticos e escritores protagonizarán este domingo unha "homenaxe nacional" ao compostelán Fermín Bouza Álvarez nun acto que se celebrará no Teatro Principal de Santiago.


Xosé Manuel Beiras, Antón Baamonde, Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro ou Carmen Pena, viúva do escritor, son algunhas das persoas que lembrarán a figura do sociólogo, un referente do pensamento dos séculos XX e XXI, neste evento organizado pola revista Luzes, da que tamén era colaborador.


O rexedor compostelán, Martiño Noriega, considerou que esta homenaxe "era máis que necesaria polo seu compromiso, polo seu peso intelectual" e "pola parte máis humana" que deixou pegada en todos os que lle coñecían.


Citando a Manuel Rivas, "Fermín Bouza está morto, si, pero é un morto inconformista. A súa obra, en libros e bitácoras, na transmisión oral do saber, constitúe un campo de luciérnagas. En tempos de herbicidas, puntos de luz resistentes".


Así se pronunciou durante a rolda de prensa de presentación deste evento, á o que tamén acudiu o codirector de Luzes, Xosé Manuel Pereiro. Alí referiuse ao autor compostelán como "un rebelde eficaz e un inconformista apaixonado", e sobre todo "un exemplo da tradición da antitradición".


Por iso, este acto de homenaxe "vai moito máis alá do recordo ao sociólogo", senón que se tratará de "un recoñecemento ao seu avó", multado por querer poñer nun balcón a bandeira galega cando era tenente de alcalde de Vilagarcía, e ao seu pai, xulgado en dúas ocasións polo Franquismo.


"O acto do domingo é unha homenaxe a todos os que viviron situacións similares, porque Galicia está chea de 'ferministas'", destacou.


PROGRAMA


O 'Somos ferministas' celebrarase a partir das 12.00 horas no Teatro Principal compostelán, presentado por Manuel Rivas e o propio Xosé Manuel Pereiro.


Está prevista as intervencións de amada Traba, Ana Cuña, Antón Baamonde, Antón Losada, Antón Patiño, Xosé Manuel Beiras e Carmen Pena. Tamén se celebrarán actuacións musicais a cargo do fillo do homenaxeado, Fermín Bouza Pena e de Eladio dos Santos, Luís Emilio Batallán e Miro Casabella.


O acto pecharase cunha lectura de Dores Tembrás e coa proxección de 'Aquela Compostela de Fermín', entrevista de Suso Iglesias co propio homenaxeado gravada no ano 2014.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE