Atopan semiinconsciente e con hipotermia a unha anciá que levaba dous días desaparecida
A muller, de 96 anos e veciña de Vigo, foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Unha muller de 96 anos veciña de Vigo, de iniciais A.C.V., tivo que ser trasladada ao hospital ao ser achada semiinconsciente e con síntomas de hipotermia despois de dous días sen dar sinais de vida.
Tal e como informou a Policía Local, sobre as 18,20 horas deste domingo, unha veciña da Avenida da Mariña Española alertou de que levaba dous días sen saber nada dunha muller de idade avanzada que vive soa no seu domicilio e non ten familia.
No lugar, os axentes observaron luz no interior da vivenda e, tras efectuar varias chamadas sen resposta, accederon ao interior. Alí atoparon á muller tendida no chan do dormitorio, semiinconsciente, con síntomas de hipotermia e pulso e ventilación débil.
Ante esta situación, procederon a tapala e acomodala e avisaron inmediatamente ao 061, que enviou unha unidade asistencial para trasladar á anciá ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
Escribe o teu comentario