Louzán declarará como investigado na 'Operación Patos' o próximo 1 de marzo

Louzán é un dos investigados nesta causa, na que se examinan supostas irregularidades na adxudicación de obras e contratos públicos.


|

Louzanfutbol


O Xulgado de Instrución número 7 de Vigo ditou unha providencia na que dá conta da petición de Rafael Louzán de declarar como investigado na chamada 'Operación Patos', e citouno para o próximo 1 de marzo ás 10,00 horas. 


O expresidente da Deputación de Pontevedra, e actual presidente da Federación Galega de Fútbol, remitiu hai unha semana un escrito ao xulgado no que solicitaba ser citado para declarar, un ano despois de comparecer ante a xuíza e acollerse ao seu dereito para gardar silencio.


Louzán é un dos investigados nesta causa, na que se investigan supostas irregularidades na adxudicación de obras e contratos públicos.


Tamén son investigados o dono da construtora Eiriña; traballadores de Cespa; funcionarios de varias administracións; concelleiros do PP e do PSOE de Vigo; o alcalde vigués, Abel Caballero; ou a exdelegada da Xunta, María José Bravo Bosch, entre outros.


No caso de Louzán, investígase a súa participación en supostas irregularidades en contratos de obras de varios campos de fútbol, obras de saneamento e abastecemento en varias localidades da provincia de Pontevedra, a reforma dun centro social e outras actuacións. Tamén se lle atribúe a suposta recepción de agasallos da empresa Eiriña.


COMPARECENCIA ANTERIOR


O pasado 17 de febreiro de 2016, o expresidente da Deputación compareceu ante a xuíza pero, nese momento, acolleuse ao seu dereito a non declarar, alegando que prefería esperar a que se resolvesen as peticións de nulidade presentadas por algunhas das partes.


En todo caso, á súa saída dos xulgados de Vigo, Rafael Louzán proclamou a súa inocencia, e insistiu en que non ten "nada que ocultar". Con respecto ás obras investigadas, descargou toda a responsabilidade no "extraordinario equipo de funcionarios" da Deputación, que son os que "tramitan" as actuacións.


Nesa liña, asegurou que non adoptara ningunha decisión para beneficiar a Eiriña, e tamén negou recibir agasallos da construtora en pago dalgún favor político ou administrativo.

relacionada Louzán, su esposa y Severino Reguera, a juicio oral por un delito de cohecho
relacionada ​Rafael Louzán pide a baixa temporal do PP

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE