O Celta, a polo primeiro asalto das semifinais en Balaídos
Recibe o Alavés para esquecer as pantasmas do ano pasado, cando quedou ás portas de loitar pola Copa.
Balaídos espera hoxe que non se reaviven as pantasmas do ano pasado, cando o equipo caeu en semifinais de Copa, a un paso de loitar polo que sería o primeiro título oficial nas súas vitrinas baleiras.
O Sevilla privou o curso pasado aos celestes de disputar a súa quinta final. Esta campaña enfróntanse ao Alavés, que nunca chegou tan lonxe nesta competición. Os de Berizzo chegan co aval de superar o Valencia e o Real Madrid, e os vascos lembran a vitoria recente no Camp Nou.
O Celta sae con todo esta noite ante a súa afección. Berizzo pediulles "paciencia e equilibrio", para non repetir os catro goles encaixados na ida do ano pasado na cidade do Nervión.
Os de Pellegrino, pola súa banda, chegan máis que motivados e cunha "gran ilusión". "O gol fóra da casa ten un gran valor, oxalá teñamos a posibilidade de marcar en Balaídos", expresou o míster.
Escribe o teu comentario