Villegas revela que "pronto" haberá nova estrutura de Ciudadanos en Galicia

|

Villegasylosada


O secretario xeral de Ciudadanos, José Manuel Villegas, avanzou que "pronto" haberá unha nova estrutura da formación laranxa en Galicia tras recoñecer que os continuos procesos electorais os deixaron sen tempo para levar a cabo estas renovacións.


Villegas pronunciouse deste xeito nunha entrevista concedida á Radio Galega, na que destacou que a nova executiva de Ciudadanos fará proximamente un plan para reforzarse en cinco comunidades autónomas nas que non ten representación parlamentaria, entre elas Galicia.


José Manuel Villegas foi elixido secretario xeral de Cidadáns no Congreso que a formación laranxa celebrou este fin de semana e no que resultou reelixido como presidente Albert Rivera.


Respecto diso, Villegas considerou que no evento desta fin de semana "quedou claro que Rivera ten o apoio maioritario dos militantes" e avanzou que, co seu novo equipo, o líder de Ciudadanos poderá "delegar máis funcións".


TRABALLO NO CONGRESO


Na súa intervención, o novo secretario xeral de C's destacou que en só seis semanas de lexislatura xa se "empezan a ver as reformas" que a súa formación pactou co Partido Popular, como a Lei de Autónomos ou o pacto pola educación.


"O noso labor nesta lexislatura é arrastrar ao PP para cumprir reformas que non están no seu ADN", sinalou para apuntar que só apoiarán os orzamentos se o PP cumpre cos 3.800 millóns de euros que prometeu para partidas que C's considera prioritarias.

relacionada Rivera imponse nas primarias e reedita o seu liderado en Ciudadanos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress