Çolak: "Con outros 19 puntos igual non chega para a salvación"
O turco di que os equipos de abaixo van reaccionar, pero augura unha segunda volta cun Dépor moito mellor.
Emre Çolak anuncia que a segunda volta o Deportivo irá a máis para aproveitar a marxe que ten co descenso. O turco recoñeceu que o tempo de adaptación non foi fácil, pero que nos próximos meses verase un Dépor moito mellor. "Os equipos están moito mellor agora e sabemos que con outros 19 puntos igual non chega. Queremos sumar máis na segunda volta porque nós tamén atopamos o noso ritmo e temos equipo para estar máis arriba, faremos todo para estalo".
O centrocampista do Deportivo dixo que lle gusta marcar, pero non é o seu obxectivo principal. "Sinto máis feliz cando dou a asistencias", declarou. Sobre a súa posición no campo, dixo atoparse "máis cómodo no centro porque sempre xoguei aí, pero non me importa xogar noutras posicións".
O xogador tamén se referiu ao recentemente chegado Kakuta, ao que coñece moi ben. "Enfrontámonos antes e se que ten moita calidade".
Sobre a viaxe a Ipurúa, anunciou a intención de conseguir a primeira vitoria fóra. "Traballamos, marcamos goles... non gañamos, pero tamén hai tempo que non perdemos. Esta vez queremos os tres puntos". E avisa, contundente: "Temos xogadores con moita calidade para xogar en calquera campo".
Escribe o teu comentario