Davy Roef: "Esta é a miña oportunidade, vir aquí e mellorar"

O gardameta belga di estar "feliz" por xogar na liga española e lembra o Dépor das noites europeas. "Traballo todos os días moi duro", avisa.


|

DavyroefdeporDavy Roef, novo porteiro do Dépor. //Fonte: RC Deportivo.


Davy Roef superou esta mañá o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña e asinou a continuación o seu contrato de cesión polo Deportivo ata o próximo 30 de xuño. Nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación, recollidas na web do club, o porteiro belga manifestou estar "moi feliz" de fichar polo Dépor. "É unha gran oportunidade de xogar na liga Española, para min a mellor liga do mundo", apunta.


Confesou coñecer o club "pola súa gran historia". Dixo lembrar a eliminatoria de Liga de Campións ante o Milan, que se saldou co pase a semifinais do Deportivo; e lembrou a Roy Makaay e a Diego Tristán.


No Anderlecht, o seu club de procedencia, "xoguei uns 30 partidos. Despois o adestrador decidiu cambiarme polo segundo porteiro. Agora estou contento de ter a miña oportunidade no Deportivo". "O adestrador decidiu non volver meterme e eu tiña que facer algo distinto para mellorar. Esta é a miña oportunidade, vir aquí e mellorar", insiste.


Con Tyton e Lux na súa mesma posición no Dépor, Roef promete "traballo todos os días moi duro. Vou competir cos outros dous porteiros". A pesar de que recoñece que o contrato é de cesión unicamente ata final de tempada, "no fútbol nunca se sabe o que vai pasar. Nestes momentos a idea é de volver a Bélxica".

relacionada Intercambio de porteiros entre o Dépor e o Anderlecht
relacionada O Deportivo empata en Gran Canaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE