Intercambio de porteiros entre o Dépor e o Anderlecht

Sen minutos con Garitano, Rubén Martínez marcha a Bélxica e chega á Coruña o porteiro titular da Sub 21, Davy Roef.


|

Davyroefportero


O Dépor e o Anderlecht intercambian porteiros ata final de tempada. Rubén Martínez, sen minutos con Garitano, pon rumbo ao club belga en busca da súa parte de protagonismo, o mesmo que tentará recuperar na Coruña Davy Roef.


O gardameta belga, internacional Sub 21 coa súa selección, xa está na Coruña e está previsto que este martes pase o recoñecemento médico e se faga oficial a súa incorporación. Xogou mesmo a Champions, pero nos últimos meses pediu saír no mercado de inverno. No Dépor chega para tentar facerse un oco.


Aínda que no conxunto herculino hai competencia, ao parecer era a única saída que lle ofrecía o Anderlecht. Un intercambio de cromos porque Garitano quere contar con tres porteiros, aínda que o equipo caese en Copa.

relacionada Garitano, prudente: "Vai ser unha pelexa moi dura ata o final"
relacionada O Deportivo empata en Gran Canaria

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE