Galicia superou a semana pasada "o pico da onda" da epidemia de gripe

Na última semana case se duplicou o número de persoas falecidas a consecuencia da enfermidade. Unha de cada tres non puxera a vacina.


|


CHUOurxenciacolapso


O número de falecidos con gripe en hospitais da Comunidade galega desde o inicio da tempada ascendeu de 18 a 34 na última semana, segundo os datos publicados este venres polo Sergas no informe de 'Vixilancia da gripe en Galicia' correspondente á terceira semana --que terminou o 22 de xaneiro--.


Segundo o informe publicado polo Sergas, recollido por Europa Press, desde o inicio da tempada declaráronse 882 ingresos con virus da gripe en Galicia. Necesitaron asistencia na UCI o sete por cento de ingresados con gripe confirmada. Do total de ingresos, segundo reflicten os datos do Sergas, o 91 por cento tiña algún factor de risco para ter unha gripe complicada e deles, o 44,4 por cento non estaba vacinado.


Das 34 persoas falecidas con gripe en Galicia desde o inicio da tempada todas tiñan a vacina indicada e non a puxera o 32 por cento.


TENDENCIA DECRECENTE


O informe do Sergas destaca que o número de chamadas atendidas no 061 por gripe e outras infeccións respiratorias alcanzou por terceira semana consecutiva "o nivel de intensidade media" cun "descenso claro" respecto da semana anterior, o que indica que, "segundo o sistema de vixilancia, o pico da onda alcanzouse".


Con respecto ás semana anterior, o número de chamadas semanais por gripe e outras infeccións respiratorias mantense estable na provincia de Lugo, segundo indica o Sergas, e baixa no resto das provincias. Por grupos de idade mantense estable no de 0 a 4 anos; sobe no de 5-19; e baixa no resto.


VIXILANCIA MICROBIOLÓXICA


No referido á vixilancia microbiolóxica, os datos do informe do Sergas recollen que de 725 mostras, 297 foron positivas para o virus da gripe A, "que indica que o pico da onda, segundo este sistema de vixilancia, puido alcanzarse esta semana 3/2017 --que terminou o día 22--", cun 41 por cento de positividade, "valor case idéntico ao alcanzado na semana 2/2017, na que foi dun 40,8%".


Con todo, o Servizo Galego de Saúde sostén no seu informe que a difusión do virus "segue en epidémica" na Comunidade galega, con tendencia "decrecente".

relacionada Ascenden a 18 os falecidos por gripe en Galicia
relacionada SOS Sanidade Pública, ante os colapsos: "Non é a gripe, son os recortes"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE