Viaqua premiará os mellores traballos do Máster en Enxeñaría Ambiental da USC
A empresa abre dúas convocatorias de axudas que van pola súa quinta edición, con catro bolsas e un premio para os alumnos do posgrao.
Viaqua acaba de convocar a quinta edición do seu Programa de Bolsas e do Premio ao mellor Traballo Fin de Máster dirixidos aos estudantes do Máster en Enxeñaría Ambiental da Universidade de Santiago de Compostela para o curso 2016-2017.
Tal e como informa a compañía nun comunicado, as catro bolsas diríxense a estudantes de primeiro curso que realicen traballos relacionados coa xestión e o tratamento de augas. Para a súa valoración, primarase especialmente "aqueles que potencien aspectos máis novos dentro dunha perspectiva tecnolóxica, ambiental, ou sostible".
A contía da bolsa é de 250 euros para cada un dos catro gañadores e os premios entregaranse durante a cerimonia de Gradación da XI Promoción deste Máster, o 17 de marzo nun acto no Salón de Actos .
TRABALLO FIN DE MÁSTER
Por outra banda, e tamén por quinto ano, Viaqua outorgará o Premio ao mellor Traballo Fin de Máster Universitario en Enxeñaría Ambiental da USC. O premio, cunha dotación de 300 euros, entregarase no marco dos actos previstos de celebración do Día da ETSE, o próximo 6 de abril.
Ambas as dúas convocatorias teñen como data límite de presentación o próximo 24 de febreiro.
Escribe o teu comentario