A exposición 'H2OH!, os segredos da auga da túa cidade' instálase na Alameda de Santiago

Promovida por La Caixa e Viaqua, estará aberta ata o 22 de febreiro, coa intención de sensibilizar sobre o uso responsable da auga potable.


|

Expoviaquacaixah2ohalameda


Santiago de Compostela acolle ata o próximo 22 de febreiro a exposición 'H2OH!, Os segredos da auga da túa cidade' promovida pola Fundación 'La Caixa' e Viaqua en colaboración co Concello, coa finalidade promover a divulgación científica e a sensibilización da sociedade cara a o uso responsable da auga potable no ámbito urbano e a conservación do medio ambiente.


As dúas unidades despregables coas que conta a exposición están instaladas no parque da Alameda compostelá, e o público que se achegue a elas poderá gozar de audiovisuais, fotografías artísticas e xogos virtuais e interactivos. O ciclo urbano da auga e os seus procesos, a súa xestión óptima cara a mellorar o desenvolvemento xeral e asegurar o abastecemento das grandes cidades, e os retos aos que nos enfrontamos co crecemento demográfico, e o cambio climático, constitúen o reclamo desta mostra.


A exposición foi inaugurada nun acto ao que asistiron os concelleiros de Medio Ambiente e de Educación, Xan Duro e Manuel Dios, respectivamente, representantes da Obra Social de 'La Caixa'; e por parte de Viaqua, o Director e o xerente da empresa concesionaria na cidade, Xullo Masid Bande e José Antonio del Rey.


Expoviaquacaixah2oh


TRES ÁMBITOS


A exposición estrutúrase en tres grandes ámbitos: 'Auga, elixir da vida', 'Auga na cidade' e 'Auga sustentable'. No primeiro deles explícase a "íntima relación entre este composto único e todos os seres vivos", pois xunto ás condicións idóneas da Terra fan posible a vida.


Na segunda parte, a exposición céntrase en o "ciclo urbano da auga", desde a captación ata que regresa ao medio natural. Nesta fase, un xogo interactivo presenta "distintos retos que debemos superar para asegurar unha distribución adecuada de auga potable".


O terceiro ámbito incide na necesidade dun uso responsable da auga potable para propiciar "un mellor futuro para todos". Lembran así que o abastecemento da auga é un dereito fundamental dos seres humanos recoñecido por Nacións Unidas, nun contexto no que a humanidade se concentra cada vez máis ao redor das cidades.


ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA


Paralelamente á exposición, funciona un xogo online "que permite a calquera persoa converterse en xestor da auga nunha cidade imaxinaria" para conseguir que prospere e obter a máxima satisfacción dos habitantes. Os visitantes da exposición recibirán un código de acceso para un nivel adicional do videoxogo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE