Máis de 500 traballos de escolares compiten por ser os mellores 'Relatos de auga intelixente'

A entrega de premios desta terceira edición do Certame Literario de Viaqua celebrarase en torno ao 22 de marzo, Día Mundial da Auga.


|

Aguagrifo 1


Un total de 561 microrrelatos escritos por escolares presentáronse ao III Certame Literario 'Relatos de auga intelixente' convocado por ViAQUA. O prazo de recepción dos traballos pechou o 31 de decembro, unha vez terminado o primeiro trimestre o alumnado de ESO e Bacharelato/FP, a quen estaba dirixida a convocatoria deste concurso.


Tal e como informa a entidade nun comunicado, "a participación dos escolares incrementouse ata case duplicar" a participación anterior. Nesta edición rexistraron "un 46,2% de aumento de traballos durante o primeiro trimestre" e, "con respecto á primeira edición, no curso 2014-15, este incremento chega ao 81,6%".


O certame literario está dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos dos centros educativos galegos nos que ten presenza a marca ViAQUA como empresa da xestión da auga. O seu obxectivo é "contribuír á difusión da cultura da auga e implicar os escolares no seu uso sustentable e o coidado do medio ambiente" a través da literatura.


OS PREMIOS, EN TORNO AO DÍA DA AUGA


O xurado do concurso está integrado por "persoas vinculadas á creación literaria e outros porfesionales do ámbito da auga e do medio ambiente". Durante o mes de febreiro determinarán os traballos vencedores nas dúas categorías. Logo, as entregas de premios aos dous gañadores celebraranse "nos días próximos ao 22 de marzo, Día Mundial da Auga". A empresa informa de que "tamén recibirá un recoñecemento especial o centro escolar que maior participación dos seus alumnos rexistre".

relacionada A exposición 'H2OH!, os segredos da auga da túa cidade' instálase na Alameda de Santiago

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE