Máis de 6.000 persoas piden outra residencia pública en Santiago

Reclaman a atención integral de persoas con discapacidade. No centro que hai, "todas as prazas están cubertas e as listas de espera son de entre tres e cinco anos", lamentan os impulsores da campaña.


|

Dependencia 1


Un total de 5.300 persoas asinan a través da plataforma 'Change.org' unha petición para que se constrúa en Santiago de Compostela unha residencia pública para persoas con discapacidade.


En concreto, a petición foi iniciada pola ANPA do CEE A Barcia, para solicitar á Xunta a creación dunha residencia pública para persoas con discapacidade en Santiago.


"A pesar de que cada vez é maior o número de poboación en situación de dependencia e/ou discapacidade, Santiago só conta actualmente cun centro residencial, no que todas as prazas están cubertas e as listas de espera son de entre tres e cinco anos", critica a petición.


Neste sentido, sinala que, debido a este feito, as familias "ou ben quedan varios anos á espera da concesión dunha praza, ou ben deben desprazar o seu familiar lonxe do municipio de orixe".


Ante este problema, os impulsores da campaña que conseguiron unhas 6.200 firmas en dous meses, propoñen que sexa no Meixonfrío, en Santiago, o Centro Galego de Discapacidades (CEGADI) o que dea resposta ás súas necesidades, "un edificio de máis de 8.000 metros cadrados que sería ideal".

relacionada O BNG pide eliminar as trabas a persoas discapacitadas que queiran casar

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE