En Marea pecha as votacións para conformar a súa cúpula

O proceso rematou ás nove da mañá "sen incidencias" e os resultados daranse a coñecer pola tarde.


|

Enmareacamaraautonomica


As eleccións internas de En Marea para escoller ás 35 persoas que integrarán o Consello das Mareas, o máximo órgano de decisión do partido instrumental entre asembleas e do que sairá a nova coordinadora, concluíron ás 9,00 horas deste luns "sen incidencias de ningún tipo".


Segundo explicaron a Europa Press fontes do comité electoral, como estaba previsto ás 9,00 horas pechouse un proceso que "tecnicamente" foi "moi limpo".


"Non houbo incendias de ningún tipo salvo consultas de xente que non lembraba ou esquecera o contrasinal", concretou as mesmas fontes, que precisaron que se tratou "máis ben de dúbidas".


Unha vez concluídos os comicios procedeuse a realizar un "control antifraude", segundo concretaron as mesmas fontes do comité electoral, tras o que se procederá ao cruzamento de datos e reconto. Está previsto que esta tarde presenten os resultados en rolda de prensa.


TRES CANDIDATURAS


Nestes comicios internos compiten tres candidaturas. Os resultados provisionais daranse a coñecer o mesmo luns pola tarde pero a constitución do órgano non se celebrará ata o sábado día 28.


Así, concorren ao proceso interno a lista 'Máis Alá', encabezada polo actual portavoz parlamentario Luís Villares; a candidatura 'Somos Quen', capitaneada polo deputado Davide Rodríguez e formada con xente afín a Anova; así como 'Queremos Particitar', composta por persoas vinculadas a Cerna como a exdiputada Consuelo Martínez, a actual parlamentaria Paula Vázquez Verao ou o veterano nacionalista Mario López Rico.


A principal incógnita que se resolverá tras este proceso interno será se Luís Villares poderá compaxinar a portavocía parlamentaria coa orgánica tendo en conta que o documento asociado á súa propia candidatura veta que o maxistrado lugués poida compatibilizar o seu labor na Cámara galega co de portavoz do partido político.


Esta postura incluída no documento de 'Máis Alá!' contrasta, con todo, coa das outras dúas listas que tamén se presentaron aos comicios internos. Este feito, sumado ao regulamento das eleccións internas, fai que tecnicamente o portavoz parlamentario de En Marea tamén o poida ser do partido que se constituíu en xullo de 2015 na asemblea de Vigo.


COMPOSICIÓN DO CONSELLO


Segundo o regulamento deste proceso, o Consello das Mareas será proporcional aos resultados obtidos polas distintas listas, de tal forma que serán proclamadas electas as persoas que ocupen, segundo a orde da candidatura presentada, os postos que a cada unha lle corresponda conforme á repartición proporcional pura.


As persoas que posúan a condición de membro do órgano executivo a nivel autonómico de dirección dunha organización política ou ocupen unha responsabilidade executiva na mesma, poderán concorrer ás eleccións ao Consello pero non poderán formar parte do seu órgano executivo ou coordinador.


Así mesmo, os representantes institucionais de ámbito autonómico ou estatal non poderán superar o 20% do conxunto deste órgano. Ademais, as persoas que ostenten a condición de portavoces dos grupos parlamentarios formarán parte con voz e sen voto neste órgano mentres ostenten a dita condición.


Pola súa banda, a coordinadora será elixida polo Consello das Mareas tendo en conta a proporcionalidade dos resultados das listas presentadas. Nela tamén participarán os portavoces en Parlamento de Galicia e no Congreso, tamén con voz pero sen voto.

relacionada Ferreiro di que non é "persoal" a súa oposición a que Villares sexa protagonista
relacionada En Marea celebra esta fin de semana as súas eleccións para o Consello das Mareas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE