Hugo Mallo, sobre Orellana: "Por parte dos compañeiros o tema está resolto"

O lateral recoñece que houbo "euforia" no vestiario trala vitoria no Bernabéu, pero non quere descoidos en Anoeta.


|

Hugomallocelta


O lateral Hugo Mallo rexeita alongar máis os comentarios sobre a posible saída de Orellana do Celta. O xogador defende que tanto o adestrador coma o club pronunciáronse sobre o conflito e que os xogdores deben centrarse en xogar. "Por parte dos compañeiros e de todo o persoal, o tema está resolto e solucionado", insistiu o xogador.


O equipo está centrado no encontro de liga fronte á Real Sociedade en Anoeta. "Todo o que se xera ao noso ao redor é o Real Madrid, todo o mundo quere que chegue xa o partido, tanto a xente de fóra como pode haber algun ruxeruxe no vestiario", afirma, pero advirte de que "se non estamos mentalizados para ese partido, pasarémolo mal". Aínda que recoñece que tras a vitoria houbo "euforia" no vestiario.


Na Real ve un equipo co selo de Eusebio e que está a facer unha gran tempada. "Dá gusto velos xogar", agregou.

relacionada A resposta de Orellana que se cargou a súa relación con Berizzo: "Que vaia cagar"
relacionada Berizzo, sobre Orellana: "Comigo non pertence máis ao equipo"
relacionada O Celta supera o Madrid e defenderá a súa vantaxe en Balaídos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE