Unha nai e os seus dous fillos, intoxicados en Camariñas por prender un asadeiro para se quentar

A muller alertou ao 112 de que sufrían mareos e tiveron que ser trasladados a un centro sanitario. Un dos fillos é un bebé de oito meses.


|

Brasas


Unha nai e os seus dous fillos, un bebé de oito meses e unha moza de 14 anos, foron trasladados ao hospital a última hora deste xoves despois de sufrir mareos ao prender un asadeiro na súa vivenda, situada no municipio coruñés de Camariñas, coa intención de quentarse.


Segundo a información do 112-Galicia, foi a muller a que deu a voz de alarma sobre as 22,45 horas, indicando que tanto ela coma os seus dous fillos estaban sufrindo mareos. A nai indicou que acenderan un asadeiro no interior da vivenda dado que non tiñan calefacción no inmoble.


O Centro de Atención a Emerxencias púxose entón en contacto coa Policía Local e coa Garda Civil e mobilizou ata o lugar, na Rúa tras Hortas, un equipo sanitario do 061. Os tres integrantes da familia foron trasladados a un centro sanitario.

relacionada Este venres volve subir a luz e toca novos máximos desde 2013
relacionada Nadal di que o recibo da luz vai encarecer 100 euros este ano aos prezos actuais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE