A Xunta quéixase de que "non damos baixado" os hospitalizados por covid pero non cambia o plan de pechar camas

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lamentou este martes a situación da pandemia en Galicia que, a día de hoxe, segue coa mesma tendencia de aumento de casos, aínda que "afortunadamente patoloxías máis leves". "Non damos baixado", abundou.


|

A previsión do SERGAS pasa por pechar en torno ao 10% das camas en áreas como Vigo, A Coruña e Pontevedra; aínda que as manterá todas nas áreas como Ourense e Ferrol.

 

Isto pode supoñer un risco de saturación porque a onda estival da covid vai camiño de alcanzar os picos da primaveral, cando se roldaron os 800 ingresados por coronavirus.

 

Con todo, Comesaña tranquiliza á poboación dicindo que o SERGAS ten a flexibilidade suficiente para atender a calquera eventualidade.
 

O conselleiro de Sanidade acode á inauguración da exposición 'Hospital Provincial: 125 anos'.
O conselleiro de Sanidade acode á inauguración da exposición 'Hospital Provincial: 125 anos'. 

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lamentou este martes a situación da pandemia en Galicia que, a día de hoxe, segue coa mesma tendencia de aumento de casos, aínda que "afortunadamente patoloxías máis leves". "Non damos baixado", abundou.

 


Como se pode comprobar nas gráficas que a diario actualiza Galiciapress cos datos do SERGAS, a onda primaveral terminou, no que se refire a presión hospitalaria, o 10 de xuño, con 394 ingresados en planta. Desde entón, a tedencia é á alza,  superando os 600 hoxe por vez primeira nun mes. 

 

5wzk3 hospitalizados por covid 19 en planta en galicia
5wzk3 hospitalizados por covid 19 en planta en galicia 

 

O máis probable é que, como mínimo, a presente onda estival rolde os máximos da onda primaveral, que foron 741 ingresados en planta, máis ducias de pacientes en UCI. O problema é que o SERGAS no verán ten menos persoal polas vacacións estivais. A pesar diso, o conselleiro estima que non haberá problemas.

 
"Seguimos tendo un incremento dos casos hospitalizados", comentou a preguntas dos medios en Pontevedra o titular de Sanidade, que engadiu que estes días "nótase máis que nas últimas semanas", cunha incidencia que "segue crecendo".

Unha vez máis o conselleiro de Sanidade insistiu na importancia da vacinación contra a Covid-19. "Hai que seguir tomando as medidas de precaución que todos coñecemos perfectamente", apostilou.

O titular de Sanidade ratificou que en Galicia hai ata a fecha 613 pacientes con coronavirus hospitalizados e 22 nas ucis, uns datos que son "moi constantes" practicamente desde xaneiro, con algunha baixada nas últimas semanas "e agora este repunte", admitiu.
 

NON TEN PORQUÉ BAIXAR NO VERÁN
Comesaña apuntou que "o que está a demostrar este virus é que non ten ese comportamento estacional", como se chegou a pensar ao principio da pandemia. "Ten máis que ver coa mobilidade e as relacións humanas que coas características climatolóxicas", sinalou.

O conselleiro de Sanidade fixo estas declaracións durante a inauguración da exposición sobre os 125 anos de historia do Hospital Provincial.

HAI SUFICIENTES RECURSOS PARA ESTE VERÁN? 
A preguntas dos xornalistas, o titular do departamento autonómico de Sanidade tamén se referiu á coincidencia desta sétima onda de Covid cos habituais peches de camas hospitalarias previstos nas áreas sanitarias durante o verán e a sobrecarga en Atención Primaria.

"Temos toda a infraestrutura sanitaria ao dispor da Covid e do que se necesite este verán", concluíu.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE