Os Premios DEC galardoan a Viaqua e Agbar pola súa iniciativa para achegarse aos seus clientes

O programa ‘Contigo’, iniciativa de Viaqua e o grupo Agbar, busca mellorar o servizo que a empresa presta aos seus clientes, adaptándose ás necesidades dos mesmos.


|

O programa ‘Contigo’, iniciativa de Viaqua e o grupo Agbar, busca mellorar o servizo que a empresa presta aos seus clientes, adaptándose ás necesidades dos mesmos.

 

Os premios da Asociación para o Desenvolve da Experiencia de Cliente recoñecen o labor da compañía e a súa iniciativa para seguir mellorando cada día.

 

Image
Foto: Viaqua

Na IX Edición dos premios de a Asociación para o Desenvolvemento da Experiencia de Cliente (DEC) a compañía Viaqua e os seus clientes foron dos grandes triunfadores. A compañía, enfocada sempre en mellorar a experiencia dos seus clientes e o servizo prestado, foi galardoada grazas ao seu programa ‘Contigo’, que xunto co Grupo Agbar trata de ser unha mostra da “mellora continua” que persegue a firma para estar “cada vez máis preto” dos seus clientes.


Os CLIENTES NO CENTRO

A prioridade de Viaqua é estar sempre á beira dos seus clientes, situados no centro da actividade. De aí nace o servizo de atención multicanle, respondendo as necesidades de cada cliente buscan unha atención personalizada, máis inclusiva, áxil e profesional

 

Así, grazas a ‘Contigo’, Viaqua persegue “garantir que todos os clientes, sen excepción, poidan acceder aos servizos da compañía e, sobre todo, asegurar unha boa atención ás persoas en situación de vulnerabilidade, co obxectivo de identificar as barreiras dixitais, de comprensión, de accesibilidade ou económicas”. 

 

MELLORAR CADA DÍA

Eliminar as barreiras para persoas con discapacidades auditivas, servizo de atención por lingua de signos, unha maior dixitalización e variedade de canles para as xestións, facilitar o servizo a persoas procedentes doutros puntos do planeta que aínda non dominan as linguas oficiais de España ou facilidades de pagos para persoas en “situacións de vulnerabilidade económica” son só algunhas das moitas medidas que Viaqua trata de implementar. 


Desde DEC, primeira organización profesional sen ánimo de lucro hispanohablante que promove o desenvolvemento e implementación das mellores prácticas e a procura da excelencia na experiencia de cliente, souberon ver o potencial da proposta e o seu especial enfoque cara á “inclusión das persoas en situación de vulnerabilidade”. 

 

Poñer ao cliente no centro é un dos valores de Agbar. Queremos acompañar ao cliente, con proximidade, anticipando as súas necesidades, aproveitando todas as tecnoloxías dispoñibles, pero sen deixar a ninguén atrás, asegurando que temos en conta todas as posibles situacións de vulnerabilidade”, lembrou María Monzó, directora de Clientes de Agbar.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE