Os colexios San Jorge e Vilas Alborada de Santiago, distinguidos por Viaqua polo seu impulso á educación en ciencia a nenas

A empresa galega de xestión da auga Viaqua recoñeceu o labor dos colexios San Jorge e  Colexio Plurilingüe Vilas Alborada. Faino pola súa énfase na educación STEM, a centrada en ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. 

 


|

 

A empresa galega de xestión da auga Viaqua recoñeceu o labor dos colexios San Jorge e  Colexio Plurilingüe Vilas Alborada. Faino pola súa énfase na educación STEM, a centrada en ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas. 

 

Nos tres últimos cursos académicos os estudantes de 2º a 6º de primaria de participaron o programa Aquae STEM, impulsado por Viaqua a través da súa Fundación Aquae.  

 

Viaqua e Colexio Vilas Alborada Aquae STEM 2022
Entrega do diploma ao Colexio Vilas Alborada 

 

Os docentes dos colexios composteláns agradecen aos patrocinadores a existencia de programas como Aquae STEM, que fomentan o traballo en equipo e  o papel das nenas nestas materias, onde a miúdo a presenza feminina é limitada, tanto no ensino como no traballo e o I+D+i.

 

Lamentablemene, aínda persiste o chamado "teito de cristal", segundo os resultados do último informe Scientific in Figures, elaborado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Por exemplo, a presenza de mulleres nas carreiras científicas limítase ao 28,5% do total, con só o 21% de mulleres ocupando cátedras universitarias e son só o 25% nos equipos de investigadores

 

FOMENTANDO A CIENCIA E A IGUALDADE

As entregas dos diplomas realizáronse recentemente nas instalacións dos centros coa presenza de a directora de Viaqua en Santiago de Compostela, Ana Tejeiro, a directora de sustentabilidade, Leticia Rodríguez, e a directora de comunicación e márketing, Sonia Delpont. 

 

Colexio San Jorge Aquae STEM
Colexio San Jorge

 

A directora  sinala que “para Viaqua é fundamental ter claro que no futuro podemos ter equipos mixtos de traballo e por iso apostamos por fomentar estas vocacións técnicas nas nenas”. “Para nós é fundamental participar activamente en proxectos ou programas escolares que axuden a fomentar o talento e promover a igualdade de oportunidades, como é o caso do programa Aquae STEM”, incide Tejeiro.

 

As alumnas do Colexio Vilas Alborada, Carolina, Alba e Maila, compartiron as súas opinións tras tres anos estudando o programa, onde destacaron que o que máis lles gustaba era coñecer a mulleres científicas grazas aos webinars, as actividades de programación e robótica e ser capaces de traballar en grupo.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE