O galego Dani García está entre os dez magos seleccionados para o Campionato Mundial de Maxia de 2022

O certame celebrarase en Turín (Italia) entre o 2 e o 5 de xuño. Actuará co seu espectáculo Don Gelati, no que contará con Fran Rei como asesor cómico. Fonte: Dani García durante o seu espectáculo Don Gelati. Dani García procede de Neda, concello da Coruña.


|

O certame celebrarase en Turín (Italia) entre o 2 e o 5 de xuño. 


Actuará co seu espectáculo Don Gelati, no que contará con Fran Rei como asesor cómico. 


Unnamed

Fonte: Dani García durante o seu espectáculo Don Gelati. 


Dani García procede de Neda, concello da Coruña. Dedícase ao mundo do espectáculo e, tralo seu último proxecto O Museo Encantado, o ilusionista foi elixido para participar en Turín nos próximos días. O campionato desenvolveráse na cidade italiana e abarcará un total de 100 horas consecutivas de espectáculo en directo.


O ilusionista ensinará a súa maxia da rúa no xardín Reggia di Venaria. Do mesmo modo, o certame organizado polo Master of Magic World Convention comezará este 2 de xuño e terá unha duración de tres días. A pesar de que sacou un novo espectáculo recentemente, o representante galego participará coa actuación de Don Gelati. Así, este show mistura maxia e humor e, ademais, conta con Fran Rei como asesor cómico.


Dani García é un profesional con vinte anos de experiencia e autonomía do seu traballo. Así, produce e interpreta as súas propias personaxes e escenarios. Na actualidade compaxina as actuacións en Galicia con estancias, funcións e formacións nos Estados Unidos.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE