Media hora de atraso na liña Vigo - A Coruña ao estragarse unha das portas dun vagón de tren​

Unha avaría nunha das portas do covoy que circulaba entre Vigo e A Coruña provocou un atraso de ao redor de media hora aos viaxeiros que tiñan que chegar a Vilagarcía --parouse pouco antes da estación-- , así como dos que tiñan como destino a capital galega.





|

A avaría do convoi provocou o atraso da conexión entre Vigo e A Coruña. Os viaxeiros chegaron a Vilgarcía de Arousa media hora máis tarde do esperado. 


Este novo episodio non fai máis que provocar máis enfado entre os usuarios dos servizos rexional e media distancia de Renfe, empresa á que reclaman que recupere frecuencias e modifique os horarios.


Estación de Vilagarcía á que chega un tren con media hora de atraso por unha avaría nunha porta

Atraso na estación de Vilagarcía de Arousa | Foto: EP


Unha avaría nunha das portas do covoy que circulaba entre Vigo e A Coruña provocou un atraso de ao redor de media hora aos viaxeiros que tiñan que chegar a Vilagarcía --parouse pouco antes da estación-- , así como dos que tiñan como destino a capital galega.

Así, os viaxeiros que saíron xa con algo de atraso do tren con saída 14,50 horas de Pontevedra, onde se averió a porta --segundo confirmaron fontes de Renfe a Europa Press--, alcanzaron a estación de Vilargacía ás 15,30 horas, 30 minutos máis tarde do que está estipulado.


RAZÓNS DE SEGURIDADE

Os atrasos duns 29 minutos continuaron en todo o traxecto ata A Coruña e, segundo a información facilitada aos viaxeiros por megafonía, debeuse a unha avaría nunha porta do coche número tres do convoi que facía o traxecto desa hora, polo que se aduciron razóns de "garantías de seguridade".


Os atrasos nos trens de media distancia provocaron as queixas de usuarios nas redes sociais en distintas ocasións, así como dos representantes sindicais, que reclaman melloras no servizo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE