Fernández Sousa-Faro (Pharmamar), sospeitoso de pagar por falsificar o seu certificado da vacina covid

Nin Pharmamar nin o seu fundador desmentiron a primicia por agora. En abril a Policía Nacional desmantelou un armazón criminal que proporcionaba pasaportes COVID falsos na Unión Europea.   


|

A lista de presuntos beneficiados da falsificación do Rexistro Nacional de Vacinados deparou unha importante sorpresa nas últimas horas.  Nela figuraría un dos empresarios galegos máis importantes da historia recente de Galicia, José María Fernández Sousa-Faro. 


Ademais da súa relevancia social, procede da familia que controlou Pescanova, a presenza de Fernández Sousa-Faro chama a atención porque, en teoría, ten coñecementos no campo farmacéutico. Á fin e ao cabo é doutor en Bioquímica pola USC e a Complutense e fundador e presidente de Pharmamar, unha das principais farmacéuticas españolas.


Hai que lembrar que o empresario asegurou hai uns meses que el recibira o Aplidin, un medicamento da súa empresa Pharmamar que está a ser investigado para tratar a enfermos de coronavirus.




Fernuández Sousa Faro recibindo un premio del Correo Gallego das mans do presidente Feiju00f3ou nunha foto da Xunta

Fernández Sousa Faro recibindo un premio del Correo Gallego das mans do presidente Feijóo nunha foto da Xunta 


De que se lle acusa? Por agora, penalmente de nada. Non foi chamado nin como testemuña, aínda que isto podería  acabar sucedendo. De feito, non hai confirmación oficial da súa presenza na lista oficial. A orixe da noticia é unha filtración xornalística a Caso Aberto, a canle de sucesos do grupo Prensa Ibérica, dono de Faro de Vigo. Nin Pharmamar nin o seu fundador desmentiron a primicia por agora. 


En abril a Policía Nacional desmantelou un armazón criminal que proporcionaba pasaportes COVID falsos na Unión Europea.  Unha enfermeira e un auxiliar madrileños eran os encargados de introducir fraudulentamente ás persoas no Rexistro Nacional de Vacinación.


Eses dous detidos facían constar unha, dous ou as tres doses en función das preferencias dos clientes recibindo a cambio unha cantidade de diñeiro diferente en función do rexistro que solicitasen.  O citado empresario optaría por figurar como receptor da terceira dose, a pesar de non recibila, segundo desvelou o Grupo Prensa Ibérica.


Por agora non hai máis galegos entre os beneficiados polos detidos. É improbable que haxa moitos máis, pois os sanitarios operaban en Madrid, onde Pharmamar ten a súa sede, aínda que non se pode descartar, pois a lista vaise ampliando, en abril a Policía falaba de 600 e agora son xa  2.200. 


Ana María C. e S.R.G. son dous dos principais detidos como xefes dos intermediarios, persoas con antecedentes e conexións na noite madrileña e en lle mundo dos negocios. Ela é sospeitosa de captar a empresarios de diferentes partes do territorio espaolo e a outros colectivos antivacunas ou de carácter negacionista que non queren vacinarse pero queren moverse por Europa e España sen problemas. Ao parecer, pagaban entre 200 e 1.000 euros por un certificado ou por un pasaporte Covid a través de criptomonedas.


Por agora hai unha ducia de detidos, entre sanitarios e intermediarios. Os presuntos beneficiados non foron chamados a declarar.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE