Rueda considera que as cifras de mortos por Covid-19 en Galicia son "un toque de atención clarísimo"

Alfonso Rueda estreouse este xoves á fronte do Consello da Xunta e, respondendo a Galiciapress, rendeu contas polas tráxicas cifras do Covid-19 que en Galicia seguen deixando uns cinco falecidos ao día. O presidente galego lembrou que a pandemia "non terminou", aínda que precisa que "hai que seguir vivindo", aínda que as mortes -150 en só un mes- son "un toque de atención clarísimo".


|

Alfonso Rueda estreouse este xoves á fronte do Consello da Xunta e, respondendo a Galiciapress, rendeu contas polas tráxicas cifras do Covid-19 que en Galicia seguen deixando uns cinco falecidos ao día.


O presidente galego lembrou que a pandemia "non terminou", aínda que precisa que "hai que seguir vivindo", aínda que as mortes -150 en só un mes- son "un toque de atención clarísimo".


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, antes do Consello.

Alfonso Rueda | Foto: EP


A pandemia existe, está aí e mata cada día, de media, a cinco galegos. Non a vemos, ou a vemos menos, porque xa non hai peches perimetrais, nin corentenas, nin hai que entrar coa máscara á maioría de sitios. Podemos ir traballar sendo positivos por coronavirus e as restricións parecen cousas do pasado. Un exemplo atopámolo en a esquecida distancia de seguridade, que xa non se garda, como evidencia o ocorrido no concerto da Panorama en Ourense esta mesma semana.


En paralelo, 642 persoas permanecen ingresadas nos hospitais, ademais das 27 que pelexan nas UCI galegas. A presión hospitalaria, a pesar de ser alta, non é crítica, baremo ao que se agarran as autoridades sanitarias para manter o sistema de “gripalizar” a Covid-19 e actuar con ela como con calquera outra enfermidade respiratoria


A pesar de todo, o reguero de mortos da crise sanitaria é terrible. 26 mortos en tres días. 45 nunha semana. 150 nun mes. Unha media de 1.800 ao ano, de seguir a este ritmo.


“NON SE ACABOU”

No seu primeiro Consello da Xunta como presidente do Goberno de Galicia, Alfonso Rueda tivo que facer fronte a estes datos. Cuestionado por Galiciapress pola sustentabilidade da estratexia do SERGAS de “gripalizar” a enfermidade, Rueda considerou as cifras “un toque de atención” nun contexto de relaxación social.


“Tento repetilo moitas veces: a pandemia non acabou. Segue entre nós, segue producindo contagios, centos de persoas positivas todos os días, segue habendo ingresos e seguen rexistrándose mortes”, enumerou o titular do goberno autonómico.


“UN TOQUE DE ATENCIÓN”

Con todo, Rueda precisou que estas cifras non son comparables ao “ritmo dos meses máis duros”, peros si son “un toque de atención clarísimo”. “Hai unha serie de medidas que se deben seguir observando e pido que se faga pensando que non saímos desta situación. Pero tamén é certo que hai que seguir vivindo e que a situación non é a de fai uno meses, cando eran moito máis preocupantes”, incide.


“É un recordatorio. Estou de acordo. Ás veces esquecemos que a pandemia non terminou, por desgraza”, concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE