Falece aos 51 anos o escritor Domingo Villar tras sufrir un infarto cerebral

O novelista levaba varios días ingresado na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A de Villar é unha perda tremenda para as letras galegas, que onte celebrou o seu día. 'Ollos de auga' ou 'A praia dous afogad0s', dous das súas obras máis lembradas.


|

O novelista levaba varios días ingresado na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.


A de Villar é unha perda tremenda para as letras galegas, que onte celebrou o seu día. 'Ollos de auga' ou 'A praia dous afogad0s', dous das súas obras máis lembradas.


Arquivo - O escrito Domingo Villar

Domingo Villar | Foto: EP


O escritor vigués Domingo Villar faleceu este mércores 18 de maio tras sufrir o pasado luns unha hemorraxia cerebral, segundo confirmaron a Europa Press fontes da editorial Siruela. Villar foi ingresado na madrugada do pasado luns no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

As mesmas fontes sinalaron que non haberá capela ardente do popular escritor por expreso desexo da familia, que desexa despedir ao autor na máis estrita intimidade.

Domingo Villar (1971) era un dos escritores galegos máis recoñecidos grazas á tradución dos seus libros a varios idiomas, a partir das versións orixinais en galego e castelán. 'Ollos de auga' foi a súa primeira novela, publicada en 2006, seguida de 'A praia dos afogados'. En ambas, Vigo ten un papel protagonista.

Precisamente, o escritor de novela negra foi un dos galardoados co premio Vigués Distinguido este ano, grazas á súa obra, recoñecida en todo o mundo.

"Hoxe faleceu aos 51 anos Domingo Villar, o noso autor, o noso querido amigo e o protagonista dun dos grandes fenómenos da novela policíaca en castelán dos últimos anos, ao que tivemos o orgullo de acompañar no camiño", sinala a Siruela nun comunicado.

Fincado en Madrid desde hai case 30 anos, gustáballe describirse como "un pesimista alegre" e como un "artesán que conta historias despacito e que fala de personaxes emocionados".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE