Unha nena de catro anos morre ao golpearlle unha antuca en Bembrive, Vigo


|

Arquivo - Sede do 112, Axega

Unha nena de catro anos faleceu ao golpearlle a cabeza o ferro dunha antuca nunha leira particular en Bembrive, no municipio de Vigo.

O accidente ocorreu sobre as 17,45 horas. Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar dunha menor que estaba ferida na cabeza.

Foron mobilizados a Policía Nacional e Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer por salvarlle a vida á nena.

O ocorrido foi posto en coñecemento do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (Gipce), por se a familia da menor necesitase da súa intervención.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE