Accidente mortal en Boiro: morre unha muller de 39 anos e outra persoa ferida por unha caída en moto

Un motorista faleceu e outro resultou ferido de consideración tras sufrir unha caída cando circulaban pola estrada AC-305, ao seu paso polo concello coruñés de Boiro.



|

Os feitos ocorreron o sábado pola tarde, ao redor das 18 horas, na parroquia boirense de Cespón. 


O sinistro obrigou a mobilizar aos equipos de emerxencia, que ao chegar ao lugar nada puideron facer por salvar a vida de vítima. A outra persoa foi trasladada ferida de consideración.


Moto

Foto: @g24noticias


Un motorista faleceu e outro resultou ferido de consideración tras sufrir unha caída cando circulaban pola estrada AC-305, ao seu paso polo concello coruñés de Boiro.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o suceso ocorreu sobre as 18,00 horas deste sábado. Nese momento, varios particulares puxéronse en contacto coa central de emerxencias para informar deste sinistro na parroquia de Cespón. Nas chamadas pedían asistencia médica urxente para un dos motoristas.

De inmediato, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia mobilizou ata o lugar aos Bombeiros de Boiro, ao Servizo Municipal de Protección Civil, á Garda Civil, así como aos servizos sanitarios, que nada puideron facer por salvarlle a vida.

Así mesmo, confirmaron que o outro motorista ferido foi evacuado polos profesionais sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE