Tres feridos na aterraxe de emerxencia dun globo aerostático en Portomarín
Tres persoas resultaron feridas ao ter que aterrar de emerxencia en Portomarín (Lugo) o globo aerostático no que viaxaba durante a mañá deste sábado.
Os ocupantes do globo tiveron que ser atendidos tras o incidente, ocorrido este sábado.
Na aterraxe, a aeronave impactou contra un poste da luz e deixou esparexida pola zona os cables do tendido eléctrico.
Foto: EP
Tres persoas resultaron feridas ao ter que aterrar de emerxencia en Portomarín (Lugo) o globo aerostático no que viaxaba durante a mañá deste sábado.
O incidente tivo lugar ás 10,45 horas, segundo trasladou o CIAE 112 Galicia, que recibiu o aviso de mans dun particular que chamou á central de emerxencias para alertar do sucedido.
O globo tivo que aterrar de forma brusca nunha zona arborizada debido a un golpe de vento. O piloto do aeróstato viuse obrigado a levar o artefecto ao chan por unha tormenta que afectaba o lugar por onde viaxaban.
Todos os ocupantes da nave puideron saír polos seus propios medios, pero tres deles sufriron feridas polas que tiveron que ser atendidos polos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.
Na aterraxe, a aeronave impactou contra un poste da luz e deixou esparexida pola zona os cables do tendido eléctrico, polo que a central do 112 puxo en coñecemento da empresa subministradora de enerxía para que realice as reparacións necesarias.
Escribe o teu comentario